Primeiro mapa

O primeiro mapa sempre é debuxado coas difusas liñas do devir. O cartógrafo é un cego que asiste inerte ao proceso,  que se deixa levar polo trazo vibrante, guiado pola esperanza dunha nova vida, dun novo territorio.

Así foi que este cartógrafo abandonou a nomadía e habitou a costadamorte. Pero o lugar é só un aceno que presaxia o tránsito.

Estes son mapas do salitre, pois encaran o acento ferido dunha terra afeita ao extravío. Rostros sucados a navalla. Ollos nus.

O mapa quixera ser a crónica salgada dos pasos pequenos pola costa e o solpor. O silencio da vila de pedra. Carreixo de pescadores no cantil. O divino. Sobre todo, o humano.

Un mapa, miúdo e humilde, do Roncudo a Fisterra con gheada liberada!

Esta entrada foi publicada en mapas. Garda a ligazón permanente.