Mapa do Rostro

O lugar chamado aquel sitio é Praia do Rostro. Podes intentar apreixala cos ollos de maneira inútil, bater as ás e voar de maneira inútil, procurar entre as crebas o silencio dun astronauta perdido na area. Atoparás escafandras de bronce decoradas con lapas, pequenos batiscafos avariados e unha gorra de capitán, de maneira inútil.

Mellor che será deitarte nas dunas e anicarte todo co baile dos xuncos que xogan a manter a amnesia. Podes no Rostro deterte, pousar os dedos nas pálpebras, lamber o sal do vento e morrer un momento seguro de ti mesmo. Se quixeres.

De súpeto, coma ti, un escaravello. Tan inútil e líquido.

Tamén o bramido.

Esta entrada foi publicada en mapas. Garda a ligazón permanente.